Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e urxente para a contratación dun servicio para o desenvolvemento dunha aplicación informática que dea soporte ó sistema de información sobre o control do gasto farmecéutico do Sergas.

Obxecto e orzamento: contratación dun servicio para o desenvolvemento dunha aplicación informática que dea soporte ó sistema de información sobre o control do gasto farmaceútico do Sergas, por un importe máximo de 22.500.000 ptas., IVE incluído.

Solvencia económica e financeira: non se exise.

Solvencia técnica: non se exise.

Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica (Dirección Xeral de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da consellería/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de

xuntas da consellería (en San Lázaro) a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1996.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

9604696