Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 28 de maio de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos ordinarios nos expedientes sancionadores (C-483/1995 e C-1476/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimos-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Territorial da Coruña (Ramón y Cajal, 1, Casa do Mar, 5º andar, A Coruña), e presenta-lo recurso correspondente.

-Nº de expediente: C-483/1995.

Denunciado: Manuel Emilio Prieto Fernández.

Domicilio: Camiños Chans, s/n, Brens, Cee.

Sanción: oitenta mil pesetas (80.000).

Recurso ordinario presentado o día: 17 de agosto de 1995.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria confirmando a sanción de oitenta mil pesetas (80.000).

-Nº de expediente: C-1476/1995.

Denunciado: Oscar Gómez Rey.

Domicilio: Cantábrico, 16-2º, A Coruña.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000).

Recurso ordinario presentado o día: 29 de novembro de 1995.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria confirmando a sanción de cincuenta mil pesetas (50.000).

A Coruña, 28 de maio de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

4647