Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

ORDE do 29 de abril de 1996 pola que se declara de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Promocións Culturais Galegas, S.A. consistente no deseño de distintas rutas a través dos camiños de Santiago, e na edición delas.

O Decreto 245/1994, do 23 de xuño, regula o procedemento para que determinadas actividades e proxectos obteñan a declaración de interese para a promoción do Camiño de Santiago.

A súa disposición derradeira primeira faculta o conselleiro de Cultura para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.

En virtude da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declarar de interese para a promoción do Camiño de Santiago o proxecto presentado por Promocións Culturais Galegas, S.A. consistente no deseño de distintas rutas a través dos camiños de Santiago, e na edición delas, por considerar que se adapta ó disposto no Decreto 245/1994, do 23

de xuño, segundo a valoración feita pola comisión creada para o efecto pola Orde do 7 de marzo de 1995.

O proxecto queda inscrito no Rexistro de Actividades e Proxectos de interese para a promoción do Camiño de Santiago co nº 016.

Os titulares das actividades ou proxectos declarados farán constar na execución deles que foron declarados de interese pola Consellería de Cultura.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1996.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

9604565