Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 20 de xuño de 1996 Páx. 6.072

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

EDICTO do 23 de maio de 1996 polo que se empraza a Elena Amalia Mayán Caamaño para efectos de notificación da proposta de resolución do expediente disciplinario seguido na súa contra.

Incoado expediente disciplinario a Elena Amalia Mayán Caamaño, auxiliar administrativo con destino no I.F.P. Fernando Blanco de Cee, en paradoiro descoñecido, e non comparecendo a interesada en ningún momento do procedemento, ó amparo do previsto no Art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, é emprazada para que no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, compareza perante a instructora nas oficinas da Delegación Provincial da Coruña, praza de Luís Seoane s/n, 7º andar, de nove a catorce horas, para lle entrega-la proposta de resolución do expediente disciplinario que se segue, contra ela, apercibíndoa de que de non acudir a este requirimento se proseguirán as actuacións a que en dereito corresponda.

A Coruña, 23 de maio de 1996.

María Siso Vega

A Instructora

96-4560