Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, con data 26 de abril de 1996, a modificación puntual da norma, no ámbito da unidade de actuación número 4, solicitada por Alfredo de la Campa Requejada, sométese a información pública por un período dun mes para efectos de reclamacións, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, de conformidade co estipulado polos artigos 116 e seguintes do RDL 1/1992, do 26 de xuño.

Cangas, 13 de maio de 1996.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde