Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.066

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a subministración por lotes de material para obras do convenio Inen-concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: S96/79.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: material obras.

b) Número de unidades para entregar:

c) División por lotes e número: si, véxase epígrafe 1 do cadro de características de cada un dos contratos.

d) Lugar de entrega:

e) Prazo de entrega: non superior a 2 días, a partir da data de petición.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver prego de cláusulas administrativas, epígrafe 2 (cadro de características) (IVE incluído).

5. Garantía provisional: ver epígrafe 3 do cadro de características.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desde anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do

prazo, quedará este automáticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1ª) Entidade: véxase punto 1.

2ª) Domicilio: véxase punto 6 b.

3ª) Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración de material obras, con destino a convenio Inen-concello».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 10 de xuño de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

4654