Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996 pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 33/1995.

De conformidade co disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, este rector resolve facer público o resultado da adxudicación do expediente que se menciona a continuación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 33/1995.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: equipo completo de HPLC.

c) Lote: ...

d) Boletín e data de publicación do anuncio de licitación: BOE: 25-8-1995.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 8.000.000 de pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 18-10-1995.

b) Contratista: Hewlett Packard Española S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 8.000.000 de ptas.

Vigo, 6 de maio de 1996.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

96-4451