Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de abril de 1996, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican comprobación de valores e liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativas ós contribuíntes que se citan (Barreiro Rodríguez, M. José e sete máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os acordos de comprobación de valores e liquidacións complementarias relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido que se indican e que foron dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 46.1º, do Real decreto lexislativo

1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimonais e actos xurídicos documentados.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín, 2; ou o de reposición perante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela, nº 26, Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula. Así mesmo, no mesmo prazo e en corrección dos resultados de comprobación de valores, acórdase promove-la práctica de taxación pericial contradictoria, o que determinaría a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.

Vigo, 24 de abril de 1996.

Pedro Arboli Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoContíaConcepto

Barreiro Rodríguez M. JoséCasiano Martínez,

37, 2º B

Vigo

15.645TPAJD T-2709/95

Exp. 3601/94

Caldeiro Pérez CarmenPraia América

Nigrán

6.541TPAJD J-2009/95

Exp. 2278/92

Comesaña Vila PeregrinaBalaídos, 15, 1º A

Vigo

96.846TPAJD T-2034/95

Exp. 1216/93

Hevia Doiro CarlosSanta Bríxida, 18 2º

Vigo

16.542TPAJD J-3918/95

Exp. 3816/89

Porta Rey José ManuelPerchel, 29 2º

Las Palmas de G.

Canaria

298.796TPAJD T-1725/93

Exp. 676/90

Prodalca, S.L.Gándara, 67

Vigo

4.876.739TPAJD T-3957/95

Exp. 14210/92

Quinta Bértolo José M.Gándara, 82

Vigo

155.008

33.751

TPAJD J-4411/94

TPAJD J-4410/94

Exp. 5918/93

Sierra Spain, S.A.Nervión, 19 B

Madrid

15.320.459TPAJD J-1417/95

Exp. 13502/91

9604458