Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.049

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1996 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de construcións navais, do departamento de Construccións Navais, a Enrique Casanova Rivas.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña do 27 de marzo de 1995 (BOE do 22 de abril) para a provisión da praza número 95/001 de catedrático de universidade da área de coñecemento construccións navais do departamento de Construccións Navais desta universidade, a favor de Enrique Casanova Rivas, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Enrique Casanova Rivas, catedrático de universidade da área de coñe

cemento de construccións navais do departamento de Construccións Navais desta universidade.

A Coruña, 5 de xuño de 1996.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

3532