Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 19 de xuño de 1996 Páx. 6.046

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 3 de xuño de 1996 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego de Consumo.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Consellería de Industria e Comercio, no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á petición un currículum vitae xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Industria e Comercio. No caso de que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un funcionario con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, na Administración local ou que estea nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 22 do Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o que sexa seleccionado. Se no prazo de 2 meses a partir da publicación da resolución desta orde no DOG, o funcionario seleccionado non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá declararse deserto o posto, se se considera oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, agás no suposto de procedencia doutras administracións públicas, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da resolución de traslado á Comunidade Autónoma, co límite de dous meses ó que se fai referencia no apartado quinto desta orde.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitava.-Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, comunicándolle previamente a este instituto a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1996.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Código posto: IC.C04.00.002.15770.036

Denominación posto: xefe Servicio de Información e Educación

Dependencia: Xerencia do Instituto Galego de Consumo

Localidade: Santiago de Compostela

Tipo de posto: N

Corpo ou escala: xeral

Grupo: A/B

Nivel : 28

C. específico: 1.639.104

9604558