Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome do viveiro: Sito.
Cultivo: mexillón.
Localización: cuadrícula nº 64, Vilagarcía A.
Data da concesión: 8-11-1972.
Data do remate da última prórroga: 30-11-2002.
Anterior concesionario: Sobradelo Cebreiro, Andrea.
Novo titular da concesión: Torres Sobradelo, Dolores.
A nova concesionaria queda subrogada nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario,
así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 23 de maio de 1996.
P.D. (Orde 27-6-1990)
José M. Gabeiras Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
4445