Isabel Lado López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado e co número 90/1996 se tramita expediente sobre declaración de falecemento, promovido por Mª Amable Castiñeira Lariño, representada polo procurador Ramón Uhia Bermúdez, sendo o causante José Antonio Freire Castiñeira, no que se acordou, por resolución do día da data, dar coñecemento da existencia do expediente mediante a publicación de edictos, con intervales de quince días, sendo as circunstancias persoais de quen se solicita a devandita declaración as seguintes:
José Antonio Freire Castiñeira naceu no lugar de Taxes-Louro-Muros o día 6 de xaneiro de 1952, solteiro, sen descendencia, con domicilio último en Taxes-Louro-Muros, fillo de Antonio e de María Amable.
José Antonio Freire Castiñeira era mariñeiro, estaba enrolado nun barco chamado «Tercero María José», con base no porto de Muros.
Esta embarcación foi atopada envorcada o día 9 de decembro de 1992, sendo arrastrada ata o porto portugués de Leixoes, o día 11 de decembro de 1993 logrouse darlle a volta ó casco do barco atopándose unicamente o corpo do patrón, e sen rastro dos restantes mariñeiros. Desde a data nunca se tiveron noticias de José Antonio Freire Castiñeira, nin apareceu o corpo.
E para que se leve a efecto a dita publicación expido e asino este edicto en Muros o 2 de abril de 1996.
A xuíza
Rubricado
A secretaria
Rubricado
9603539