De conformidade co disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas, este rector resolve facer público o resultado da adxudicación do expediente que se menciona a continuación.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Universidade de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.
c) Nº de expediente: 19/1995.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración.
b) Descrición do obxecto: material diverso para equipamento docente de laboratorios.
c) Lotes: 3-4-8.
d) Boletín e data de publicación do anuncio de licitación: BOE: 27-6-1995.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: importe total: 45.150.000 pesetas.
5. Adxudicación:
a) Data: 27-9-1995.
b) Contratista:
-Lote 3: Korsan.
-Lote 4: Marka Informática.
-Lote 8: Marka Informática.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación:
-Lote 3: 11.936.000 ptas.
-Lote 4: 5.500.000 ptas.
-Lote 8: 7.500.000 ptas.
Vigo, 6 de maio de 1996.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
96-4145