Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 17 de xuño de 1996 Páx. 5.955

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1996, da Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e polo trámite ordinario, para a contratación da explotación do servicio de cafetería-comedor (C.P. 2/1996).

A Dirección Médica do Hospital Comarcal de Monforte en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde de 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191 do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite ordinario, para a contratación da explotación do servicio de cafetería-comedor.

Obxecto: a contratación da explotación do servicio de cafetería-comedor.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público polo trámite ordinario.

Prazo de execución: inmediato a partir da data da notificación da adxudicación.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas técnicas, e demais documentación complementaria, poden ser solicitados na Secretaría da Dirección de Xestión do Hospital Comarcal, rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, teléfono (982) 41 79 18, fax (982) 40 40 06, en días laborables de 9 ata as 14 horas .

Fianzas.

-A fianza provisional será de 100.000 ptas. constituída nalgunha das formas que establece o artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

-A fianza definitiva será de 250.000 ptas. constituída nalgunha das formas que establece o artigo 37 da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 19 da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación.

-Relación calidade/prezo das tarifas: ata 6 puntos.

-Canon de amortización e explotación: ata 3 puntos.

-Referencias técnicas para a prestación do servicio: ata 3 puntos.

-Solución técnica que supoña unha mellora da prestación do servicio: ata 6 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente,

no rexistro xeral do hospital, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG ou enviadas por correo. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (982) 40 40 06 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección Médica do Hospital, ás 12.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte ó que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: deberán achega-los documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do concurso.

Monforte de Lemos, 7 de maio de 1996.

Eleuterio López Louzao

Director Médico do Hospital Comarcal de Monforte de Lemos

4309