Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.895

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Para dar cumprimento ó establecido no artigo 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, faise pública a aprobación definitiva do proxecto modificado da urbanización das Lagoas, 2ª fase, 1ª etapa, na sesión plenaria do 10 de maio de 1996.

Contra o dito acordo pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da insercción deste anuncio, sen prexuízo de que poidan utilizar calquera outro recurso que estimen oportuno.

Ourense, 16 de maio de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

O alcalde-presidente

4255