Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/84-2. Libro de rexistro: 4.555 A.T.).

Os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Vilaceleiro.

Situación: O Corgo.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, cunha lonxitude de 150 metros, con apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/398-230 V + 2,5%+5%. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95, cunha lonxitude de 150 metros, para mellora do servicio eléctrico en Vilaceleiro, no concello do Corgo.

Orzamento: 2.754.051 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 7 de maio de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9604280