Os efectos prevenidos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Saénz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Vilaquinte, Touza e Torre.
Situación: Carballedo.
Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 131 m, sobre apoios de formigón. Dous centros de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, en Touza e Vilaquinte. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Al, sobre apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico en Vilquinte, Touza e Torre, no concello de Carballedo.
Orzamento: 5.251.139 pesetas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 3 de maio de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4276