Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 14 de xuño de 1996 Páx. 5.882

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas do baremo do procedemento de selección para adquisición da condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores de artes plásticas e deseño.

O apartado 5.10º da Orde do 14 de febreiro de 1996, pola que se convoca procedemento de selección para a adquisición da condición de catedrático nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores de artes plásticas e deseño establece como competencia dos tribunais, entre outras, a cualificación da memoria e a asignación da puntuación dos apartados 3.2 e 3.3 do baremo.

Pola súa vez, o apartado 5.11 prevé que a puntuación dos restantes apartados do baremo será efectuada en nome dos tribunais por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación procede darlle publicidade. En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 14 de xuño de 1996, as puntuacións definitivas do baremo aplicable ó acceso á condición de catedrático convocado pola Orde do 14 de febreiro de 1996, agás os apartados 3.2, 3.3 e 4.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderá presentarse recurso ordinario no prazo dun mes contado desde ó día seguinte o da súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

4512