Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 13 de xuño de 1996 Páx. 5.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 1996 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, de proxecto e construcción de procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras que se citan (clave OH.332.298 e OH.332.297).

A) Obra.

1. Terminacion dos colectores e EDAR de Verín (Ourense).

Clave: OH.332.298.

Orzamento: trescentos cincuenta millóns de pesetas (350.000.000).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d.

Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe

2. Colector xeral e EDAR na Pobra de Trives (Ourense).

Clave: OH.332.297.

Orzamento: cento vinte millóns de pesetas (120.000.000).

Prazo de execución: 25 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de intesese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores: esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición: proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do trixésimo día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións: a apertura das proposicións será realizada pola Mesa de Contratación ás dez horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9604193