Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1996 pola que se anuncia a contratación da subministración necesaria para ampliación de diversos equipos do sistema de xestión de procedementos administrativos para a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público.

Obxecto do contrato: contratación dunha subministración para ampliación de diversos equipos dos sistema de xestión de procedementos administrativos para a Dirección Xeral de Organización e Sistemas Informáticos da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia; polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público.

Prazo de execución: vintecinco días, contados a partir do momento da sinatura do contrato.

Orzamento: 16.271.552 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 325.431 ptas.

Fianza definitiva: 650.862 ptas.

Clasificiación que se esixe: non se esixe.

Modelo de proposición: a proposición económica axustarase estrictamente ó modelo que se xunta ó prego de cláusulas adminsitrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xuntade Galicia, situada na pranta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día en que se

cumpran 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público ós tres días naturais, contados a partir do dís seguinte ó da finalización de presentación de proposicións, ás tres horas, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela. Se esta data coincidise en sábado, a apertura celebrarase o día seguinte hábil.

O importe deste anuncio correrá a cargo do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

4469