Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 12 de xuño de 1996 Páx. 5.760

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocados por Orde do 11 de marzo de 1996, (DOG do 19).

De conformidade co disposto no punto 18 da convocatoria do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, Orde do 11 de marzo de 1996, (DOG do 19 de marzo), vistas as reclamacións presentadas contra a lista provisional de admitidos e excluídos, publicada pola Resolución do 30 de abril de 1996 (DOG do 13 de maio de 1996).

Esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Elevar a definitivas as mencionadas relacións, coas modificacións que se conteñen nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1996.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

4540