Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.736

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

ANUNCIO.

Anúnciase a convocatoria do concurso das obras de urbanización da primeira fase do polígono de actuación Nº 1 do parque empresarial de Pereiro de Aguiar.

Orzamento total: 344.000.000 de pesetas.

Clasificación do contratista:

-Grupo A, subgrupo 1, categoría D.

-Grupo E, subgrupo 1, categoría D.

-Grupo G, subgrupo 4, categoría D.

-Grupo I, subgrupo 9, categoría D.

-Grupo K, subgrupo 6, categoría D.

As bases do concurso, contrato tipo, prego de condicións, proxecto e demais documentación poderán examinarse nas oficinas de Xestur Ourense, S.A., sitas na rúa Curros Enríquez nº 1, 8º de Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

As proposicións económicas e demais documentación para as empresas que resulten admitidas concursaren conforme establece o prego de bases, deberán ser presentadas nas oficinas de Xestur Ourense, S.A. antes das 14 horas do décimo quinto día contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

A apertura de proposicións económicas efectuarase ás 12 horas do décimo sexto día contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio no DOG, na sala de xuntas de Xestur Ourense, S.A.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Ourense, 30 de maio de 1996.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestur Ourense, S.A.