Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.735

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de l996, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto e trámite de urxencia mediante concurso do servicio de recollida, lavado, desinfectado, secado, revisado, pranchado, pregado, empaquetado e entrega de roupa do Hospital da Costa (C.P.14/96).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucions que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f)

do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de l994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), convoca o concurso público seguinte.

I. Obxecto e orzamento: contratación polo trámite de urxencia do servicio de recollida, lavado, desinfectado, secado, revisado, pranchado, pregado, empaquetado e entrega da roupa do Hospital da Costa (C.P. 14/96) por un orzamento de 30.000.000 (trinta millóns), IVE incluído.

II. Prazo de entrega: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de l996 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

III. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, Tfno. (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

IV. Admisión de variantes: admítense variantes.

V. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Ley de contratos das administracións públicas.

VI. Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Ley de contratos das administracións públicas.

VII. Criterios de adxudicación:

-Prezo: ata 5 puntos.

-Garantías ofertadas polo licitador para manter un servicio continuado: ata 5 puntos.

-Calidade técnica do proceso obxecto do servicio: ata 5 puntos.

-Experiencia noutros centros hospitalarios: ata 3 puntos.

VIII. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

IX. Clasificación: acreditar clasificación no grupo III, subgrupo 6, categoría B.

X. Presentación da proposición: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

XI. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

XII. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIII. Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 24 de maio de l996.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

4466