Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1996, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pola que se anuncia a aprobación e publicación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de monte Agar e san Pedro de Ancorados (A Estrada-Pontevedra).

O xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra, pon en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de monte Agar e San Pedro de Ancorados (A Estrada-Pontevedra), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 71/1992 do 6 de marzo (DOG nº 54 do 18 de marzo de 1992) que a xunta local da zona, na súa reunión do 7 de maio de 1996, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na casa do Concello da Estrada e nos lugares de costume da zona durante un prazo de trinta días contados desde o seguinte en que sexa publicado o último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da mesma e no taboleiro de anuncios do Concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que se poden examinar refírense á determinación do perímetro (colección de planos cos predios incluídos e excluídos e relación destes), á clasificación de terras e á fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións

que sexan necesarias, e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a titularidade.

Contra estas bases os interesados poden interpoñer, por si mesmos ou por representación, recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro dos trinta días sinalados, no rexistro xeral da Consellería de Agricultura Gandería e Montes (edificio San Caetano s/n, Santiago de Compostela), no rexistro da delegación provincial da consellería (r/ Benito Corbal 47-4º, Pontevedra), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os interesados farán constar no escrito un domicilio dentro do concello para facérlle-las notificacións que procedan, e se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérlle as notificacións.

Pontevedra, 8 de maio de 1996.

Miguel Angel Pérez Dubois

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Pontevedra

Vº e Prace

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

9604013