Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 11 de xuño de 1996 Páx. 5.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/33-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Autoridad Portuaria da Coruña

Enderezo social: Avda. da Mariña, 3, 15001, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.C. de 50 kVA o Faro de Punta Nariga.

Situación: Malpica de Bergantiños.

Características técnicas:

-Liña eléctrica aéro-subterranea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos de grandicela e de tipo tubular na súa parte aérea e baixo tubo, de lonxitudes respectivas 776 m e 370 m, con conductor LA-56 e R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, con orixe na liña que alimenta o C.T. Porto de Barizo, da Xunta de Galicia e final no C.T. a instalar no novo Faro de Punta Nariga.

-Centro de transformación tipo interior, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, con celas de entrada, de protección do trafo e de aloxamento do trafo, Malpica.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4175