Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 10 de xuño de 1996 Páx. 5.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da zona de vivendas da Xunta das Obras do Porto e antigas vivendas de Campsa.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: 096/25.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da zona de vivendas da Xunta de Obras do Porto e antigas vivendas de Campsa.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 18.503.002 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 370.060 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se debe presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta ... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da zona de vivendas da Xunta de Obras do Porto e antigas vivendas de Campsa».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de maio de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

4402