Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de rede de sumidoiros na rúa O Castrillón e adxacentes.

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións.

b) Número de expediente: 096/22.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de rede de sumidoiros na rúa O Castrillón e adxacentes.

Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 16.191.617 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 323.832 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 42 19.

e) Fax: (981) 8 42 71.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentaicón de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo,

quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación para presentar: véxase prego de cláusulasadministrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes (oferta económica e documentación administrativa) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de rede de sumidoiros na rúa O Castrillón e adxacentes».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de maio de 1996.

P.D.

O alcalde

Asinado

4298