Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/71-2. Libro de rexistro: 4.541 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10, Lugo.

Denominación: L.M.T. Subt. e C.T. Urbaniz. Hernos. Pérez r/ Filgueira-Rosende

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 580 metros,

en conductor D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al. Centro de transformación de 400 kVA 20.000/380-220 V ±2,5% ±5%, para subministración eléctrica a urbanización Hernos. Pérez Batallón, na r/ Filgueiro-Rosende en Lugo.

Orzamento: 4.257.429 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 25 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3866