Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.592

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 96/68-2. Libro de rexistro: 4.538 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Denominación: reelectrificación en Pígara.

Situación: Guitiriz.

Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 515 metros, sobre apoios de formigón ou torres metálicas. Catro centros de transformación

de 50 ou 100 kVA 20.000/380-220 V, sobre torres metálicas. Redes de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Pígara, Estrada, Casas Novas, Igrexia e Loureiros, no concello de Guitiriz.

Orzamento: 31.451.921 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 24 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3856