Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 96/44-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado I Proxec. saídas en M.T. Subest. Porto do Son.

Situación: Porto do Son.

Características técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-110 e de 628 m de lonxitude na súa parte aérea e baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al e de 1.050 m de lonxitude na súa parte subterránea, con orixe na subestación de Porto do Son e finais no apoio nº 66 da liña Boiro-Porto do Son (Expte. 33987) e no apoio nº 73 da liña Porto do Son-Noia (Expte. 24737). Porto do Son.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3867