Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/187-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra de Zas

Enderezo social: Vilardomato, 15000 Zas.

Denominación: R.B.T. en Carreira.

Situación: Zas.

Características técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 95 e 50 mm, de 1.550 m de lonxitude, que parte do C.T. de Carreira. Concello de Zas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de marzo de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3852