Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.588

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1996 pola que se nomean novos membros dos tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocadas por resolucións do 18 de maio de 1995 e do 19 de xuño de 1995.

Por resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 10 de outubro de 1995 (DOG nº 200, do 18 de outubro), modificada pola do 31 de outubro de 1995 (DOG nº 214, do 8 de novembro), e do 31 de xaneiro de 1996 (DOG nº 35, do 19 febreiro) nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocados por resolucións do 18 de maio (DOG nº 99, do 25 de maio) e do 19 de xuño (DOG nº 122, do 27 de xuño).

O apartado 6 da base quinta da convocatoria dispón que a autoridade convocante ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se nomeen os novos membros dos tribunais que teñan que substituir ós que perdan a súa condición así como os seus substitutos, producíndose deste xeito unha nova composición deles. Por todo isto, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la Resolución do 10 de outubro de 1995 modificada, á súa vez, pola Resolución do 31 de outubro de 1995, nos termos reflectidos nos anexos I e II da presente resolución.

Segundo.-Modifica-la Resolución do 31 de xaneiro de 1996 nos termos reflectidos no anexo III da presente resolución.

Terceiro.-A presente resolución producirá os seus efectos a partir do mesmo día da súa publicción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

TRIBUNAL DO GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

-Membros titulares:

O presidente titular, Antonio Carbajo Romero é substituído por Antonio Fernández-Campa García- Bernardo, actualmente vocal titular.

Á súa vez, Antonio Fernández-Campa García-Bernardo é substituído como vocal titular por Joan Ribot Margarit.

-Membros suplentes:

O presidente suplente, Alberto Núñez Feijoo é subsituído como tal por Flavio López López.

ANEXO II

TRIBUNAL DA CATEGORÍA DE AUXILIAR DE ENFERMERÍA

-Membros titulares:

O presidente titular, Francisco Villar García-Moreno é substituído por Luciano Vidán Martínez, actualmente vocal titular.

Á súa vez, Luciano Vidán Martínez, é substituído como vocal titular por Francisco Freire Benito, vocal suplente.

-Membros suplentes:

Noméase presidente suplente en substitución de Antonio Carbajo Romero a Jesús Jaime Torres Rey e vocal suplente a Pedro Brañas Tato.

ANEXO III

TRIBUNAL DO GRUPO TECNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

-Membros titulares:

O presidente titular, Alberto Núñez Feijoo e o vocal titular Albino Rodríguez Ferreira, son substituídos respectivamente por Valeriano Martínez García, actualmente vocal titular e por Andrés Castro Bande, vocal suplente.

Á súa vez, Valeriano Martínez García é substituído por Constantino Carreiras Souto como vocal titular.

-Membros suplentes:

Noméase presidente suplente en substitución de Carlos Negreira Souto, a Flavio López López.

4142