Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 07 de xuño de 1996 Páx. 5.579

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso nos distintos corpos da administración xeral da Xunta de Galicia.

Por Resolución do 11 de abril de 1996, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 75, do 17 de abril de 1996, apróbanse as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso nos distintos corpos de Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de reclamacións relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, e resoltas estas, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal de Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e nas bases I.4.2 das que rexen as probas selectivas convocadas polas ordes do 26 de decembro de 1995, publicadas nos DOG nº 8 e 9 do 11 e 12 de xaneiro de 1996.

A Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso nos distintos corpos de Administración xeral da Xunta de Galicia.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

As listas definitivas de aspirantes admitidos estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o (902) 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base 1.3.1 terceiro parágrafo, os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, grupo/s ós que se presentou e número de conta, entidade bancaria e localidade desta.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día da publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1996.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

Consellería da presidencia e Administración Pública

Probas de acceso á Administración xerral

Sistema de acceso libre

Código

01. Non posuí-la nacionalidade española.

02. Non ter cumpridos os 18 anos.

03. Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exames.

04. Non adxuntar copia do DNI ou calquera documento oficial similar.

05. Non cumpri-lo requisito da titulación esixida para cada convocatoria.

06. Presenta-la solicitude fóra de prazo.

07. Non sinala-lo corpo ó que se presenta o interesado.

08. Instancia non asinada.

19. Incumprimento do establecido na base I.1.2.

Sistema de acceso por promoción interna.

Código.

09. Incumprí-las normas da base I.1.4.

10. Non pertencer ó corpo ou escala do grupo correspondente.

11. Non xuntar copia do DNI ou calquera documento oficial similar.

12. Presentar solicitude fóra de prazo.

13. Non sinala-lo corpo ó que se presenta o interesado.

14. Non cumpri-los requisitos esixidos na base 1.2.2.3. da convocatoria.

15. Instancia non asinada.

16. Non xustifica-lo ingreso dos dereitos de exames.

17. Non cumpri-lo requisito da titulación esixida en cada convocatoria.

18. Non presentar anexo III.

96-4395