En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de xuño de mil novecentos noventa e seis,
DISPOÑO:
Que cese Luis Framil Álvarez como director xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, agradecéndolle os servicios prestados.
Santiago de Compostela, seis de xuño de mil novecentos noventa e seis.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
9604436