Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1996 pola que se publica a contratación das obras comprendidas no proxecto de saneamento da parroquia de Alba.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

a) Ógano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución das obras comprendidas no proxecto de saneamento da parroquia de Alba.

b) Lugar de execución: parroquia de Alba-Pontevedra.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento de licitación: 75.074.052 ptas., incluído todo xénero de gastos, dirección técnica da obra e IVE.

5. Garantías:

a) Provisional: 1.501.481 ptas.

b) Definitiva: 3.002.962 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra, praza de España s/n, Pontevedra 36071, teléfono: (986) 80 43 00, telefax: 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo H, subgrupo 1, categoría d.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que cómpre presentar. cláusula 13ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario de 9 a 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: un mes.

9. Apertura das ofertas:

Pola mesa de contratación o primeiro venres seguinte hábil ó da finalización do prazo para a presentación de ofertas, ás 8,30 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán de conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que orixine a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución de obra, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 14 de maio de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

3990