Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 7 de maio de 1996, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, unha relación de propostas de resolución dos expedientes sancionadores LU-018/1996 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro) notifícaselles ás persoas que a continuación se relaciona a proposta de resolución en expedientes instruídos por infraccións á Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os mencionados interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó desta publicación, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro-Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentaren o recurso ordinario dentro do mesmo prazo, perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: LU-018/1996.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

Enderezo: r/ Régoa-Pontigas s/n. Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: LU-021/1996.

Denunciado: Ricardo Rodríguez Piñeiro.

Enderezo: r/ Zumalacarregui, 48. Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: LU-024/1996.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

Enderezo: r/ Régoa-Pontigas s/n. Cedeira (A Coruña).

Nº de expediente: LU-027/1996.

Denunciado: José Manuel Ameneiros Iglesias.

Enderezo: r/ Entre Ríos. Valdoviño (A Coruña).

Celeiro-Viveiro, 7 de maio de 1996.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

3955