Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A. IN407A 7/1-2. Libro de rexistro: 4.297 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Lourenzá.

Enderezo social: Lourenzá.

Denominación L.M.T., C.T. para depuradora de augas residuais.

Situación: Maderne-Lourenzá.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-30, cunha lonxitude de 25 m, sobre apoios metálicos. Centro de transformación aéreo, de 100 kVA. 20.000/380-220 V, para subministración eléctrica a depuradora de augas residuais de Lourenzá.

Orzamento: 1.621.699 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 17 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3981