Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 06 de xuño de 1996 Páx. 5.533

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/202-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execuciónda da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. intemperie de 160 kVA.

Situación: Bergondo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV, de 140 m de lonxitude, en conductor R.H.V.

de 3(1x95 mm) que parte dun apoio da L.M.T. Pedrido-Lamastelle e remata no C.T. aéreo de 160 kVA no mosteiro de Bergondo que se vai construír. Concello de Bergondo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 15 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4179