De conformidade co previsto no apartado 12 da base sexta A) da Resolución do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio), este tribunal anuncia a publicación dos resultados do segundo exercicio da fase de oposición para ó acceso á categoría de auxiliar de enfermería de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.
As listas correspondentes atópanse expostas nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das dirección provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste.
Así mesmo, este tribunal anuncia que, en uso das facultades que ten atribuídas no apartado 5 da base sexta A) da dita resolución, acordou, en sesión celebrada o día 22 de maio de 1996, declarar aptos a todos aqueles aspirantes que obtivesen nese segundo exercicio unha puntuación igual ou superior a 30 puntos, declarando expresamente excluídos do concurso-oposición a todos aqueles aspirantes que non acadasen a dita puntuación.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 1996.
Antonio Carbajo Romero
Presidente do tribunal
4120