Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/10-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Subtr. Avio-Romaño e reforma C.T. Romaño.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm AL, de 750 m de lonxitude, con orixe no C.T. Avio (Expte. 30774) e final no C.T. Romaño (Expte. 7269). Reforma do C.T. Romaño, instalando celas de protección de liña e de trafo. Santiago de Compostela.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3948