Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/203-1).

Vistos o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Balocas, Ximonde e Puñín.

Situación: Santiso.

Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión, a 20 kV, sobre apoio formigón e conductor LA-56, de 26 m de lonxitude, que deriva da liña que alimenta o C.T. Beigando e alimentara o Balocas-Ximonde que se vai instalar. Liña eléctrica das mesmas características cá anterior, que deriva da que alimenta o C.T. Vilar da Vella, e alimenta o C.T. Puñín que se vai instalar. Centro de transformación aéreos, de 50 e 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Balocas e Puñín respectivamente, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 580 m de lonxitude en Balocas-Ximonde e de 828 m en Puñín-Visantoña-Santiso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro,

sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 6 de maio de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-3946