Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 96/77, R.C.I. 364).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Maderas Peteiro, S.L., co enderezo en Ctra. de los Fuertes, Polígono de los Rosales, s/n A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Sistema de coxeración composto de dous grupos motor-xerador de 1.229 kW c/u, utilizándose como combustible gasóleo C e tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo de calor e electricidade, con saída a 6 kV.

-C.T. de 2.600 kVA, relación de transformación 15 kV/6 kV.

-Liña M.T. de 40 m de lonxitude, a 6 kV e 800 A.

-Liña M.T. de 400 m de lonxitude, a 15 kV e 800 A.

-Orzamento: 221.426.240 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 23 de abril de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

96-4076