Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se publica a adxudicación definitiva do contrato das obras dun polideportivo no Campo Pompeo do Instituto de Bacharelato Otero Pedrayo de Ourense.

Para os efectos previstos no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou dar publicidade á adxudicación do contrato de obras que se relaciona.

-Polideportivo no Campo Pompeo do Instituto de Bacharelato Otero Pedrayo de Ourense.

Resolución do 22-2-1996.

Sistema de adxudicación: concurso de proxecto e obra.

Importe: 230.304.964 ptas.

Adxudicatario: Cubiertas y Mzov. S.A.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 1996.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

3298