Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.470

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 28 de maio de 1996 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 7.2.b) do III convenio colectivo único da Xunta de Galicia 1994 (DOG nº 249, do 28 de decembro de 1994), e en uso das atribucións conferidas no mesmo artigo da citada norma, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a el os laborais fixos da Xunta de Galicia que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro-As solicitudes dirixiranse por escrito á Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude (edificio San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae, e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira sinalada no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG.

Se na data de cesamento ou de inicio do cómputo do prazo posesorio o persoal está gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o cómputo destes comezará o día seguinte ó da reincorporación ó posto de traballo.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1996.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO I

Número posto: 1.

Código do posto: FA.C99.40.201.15770.001.

Plus convenio: 568.356.

Grupo: II.

Categoría: (1, 4, 5, 6, 7, 8, 17, 21, 25, 26, 30).

Denominación do posto: director da Casa da Xuventude.

Dependencia: Delegación Provincial da Coruña.

Localidade: Santiago de Compostela.

Requisitos indispensables: laboral fixo da Xunta de Galicia.

4067