Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.447

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de maio de 1996, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se convoca o procedemento de acreditación para o exercicio da dirección nos centros docentes públicos non universitarios.

Advertidos erros na citada resolución publicada no DOG nº 101, do 23 de maio de 1996, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 4.851, no apartado 5.2.4.:

Onde di: «A Inspección Educativa será o responsable do proceso de valoración do profesorado do mesmo;».

Debe dicir: «A Inspección Educativa será a responsable do proceso de valoración do profesorado».

Na páxina 4.851, no apartado 5.2.5.:

Onde di: «O Servicio de Inspección remitirá ó solicitante, por correo certificado e con xustificante de recepción, o informe final no que consignará a puntuación total obtida en cada un dos apartados do baremo do anexo II da citada orde».

Debe dicir: «O Servicio de Inspección remitiralle ó solicitante, por correo certificado con xustificante de recepción ou calquera outro procedemento que garanta a constatación da data de recepción polo interesado, o informe final no que consignará a puntuación total obtida en cada un dos apartados do baremo do anexo II da citada orde».

Na páxina 4.853 no anexo II, punto 2.b:

Onde di: «no artigo 4.2º do presente decreto».

Debe dicir: «no artigo 4.2º do Decreto 176/1996, do 17 de maio».

Na páxina 4.853 no anexo II, punto 3.b:

Onde di: «xerente de centros presidenciais docentes;».

Debe dicir: «xerente de centros residenciais docentes;».

Na páxina 4.851

Onde di: «Luis Framil Álvarez - O director xeral de Ordenación Educativa e Centros».

Debe dicir: «Jaime García García - O director xeral de Persoal».

9604093