Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 05 de xuño de 1996 Páx. 5.446

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1996 pola que se fai público o acordo do Parlamento de Galicia relativo á elección dun membro do Consello Asesor da Compañía de Radio-Televisión Española en Galicia.

O Pleno do Parlamento de Galicia, na súa sesión do día 21 de maio de 1996, acordou elixir, en cumprimento do disposto no artigo 8.2º da Lei 10/1983, do 9 de decembro, por unanimidade, membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia (para cubri-la vacante de José Manuel Chapela Seijo) a José Antonio Gestido Carballo.

O que se publica para os efectos establecidos no artigo 8 e disposición transitoria primeira da referida lei.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

4212