Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.346

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1996, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 2CCP/96, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de catéteres.

A Dirección Provincial da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 15-9-1994 da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Subministración: adquisición de catéteres.

Orzamento: 12.461.100 ptas. IVE incluído.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación (segundo o anexo I).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas e no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifiesto e a disposición dos concursantes para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, 3-9º andar, tódolos días laborables, excepto os sábados, desde as 9 horas ata as 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o representa, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 18 56 78 ) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co establecido no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de

contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 26 de abril de 1996.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial do Servicio Galego de Saúde

3765