Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 96/60-2. Libro de rexistro: 4.530 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Robra.

Situación: Outeiro de Rei.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56 de 55 mm Al, cunha lonxitude de 1.202 m, sobre postes de formigón e torres metálicas. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V, sobre torre metálica. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigó ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Robra, no concello de Outeiro de Rei.

Orzamento: 17.045.027 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 10 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3500