Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.
Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Bonxe.
Situación: Outeiro de Rei.
Descricións técnicas: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-30 de 31,2 mm Al, sobre apoios de formigón e torres metálicas, cunha lonxitude de 152 m. Dous centros de transformación de 25 kVA, 20.000/380-220 V, sobre torres metálicas, nos lugares de Vigo e Lombas. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95-50-25, sobre apoios de for
mimgón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico en Bonxe, concello de Outeiro de Rei.
Orzamento: 22.930.945 ptas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.
Lugo, 8 de abril de 1996.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
3501