Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 03 de xuño de 1996 Páx. 5.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril 1996, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número S.X.P.A.: IN407A 96/53-2. Libro de rexistro: 4.523 A.T.).

Os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Enderezo social: Cidade de Viveiro, 4-10-Lugo.

Denominación: L.M.T., Subt. u C.T. edificio-Ronda Mercedes-Esquina Montirón.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV, en cable une D.H.V. 15/25 kV de 1x150 mm Al, cunha lonxitude de 142 m. Centro de transformación de 1x400 kVA 20.000/380-220 V ± 2,5 % ± 5%, para subministración electrica ó edificio Baldomero Cabadas na Ronda das Mercedes, esquina rúa Montión en Lugo.

Orzamento: 3.035.064 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 2 de abril de 1996.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3495